Eugenio García Amor

Categoría: Crego, músico e profesor
Data de Nacemento: 7 de Novembro do 1928
Lugar de Nacemento: Sante (Trabada-Lugo)
 

Sacerdote da Diocese de Modoñedo-Ferrol. Ordenado en 19 marzo 1953. Estudiou Humanidades no Seminario de Mondoñedo. Licenciado en Filosofía e Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. Licenciado en Ciencias Bíblicas no Instituto Bíblico de Roma. Desempeñou os cargos seguintes: Superior e Profesor no Seminario de Mondoñedo (1956-66); Mestre de Capela na Catedral de Mondoñedo (1956-71); Secretario Xeral do Bispado (1966-80); Delegado Diocesano de Cáritas (1964-70), e do Clero (1982- ); Administrador Diocesano do Bispado, sede vacante (1985-87); Vicario Xeral do Bispado (1987-93); Párroco de As Pontes (1993- ); Director do Orfeón de Mondoñedo (1968-82). Profesor no Seminario de Mondoñedo (1956-80), na Escola Diocesana de Teoloxía (1982- ) e no Instituto Universitario de Ciencias Relixiosas (1998- ); traballou na acción pastoral como encargado de diversas parroquias rurais, e como responsable das Delegacións do Clero, Cáritas, Apostolado da Oración, Patrimonio artístico... Director da Polifónica Vilalbesa.

 

Obras realizadas

Publicacións: artigos sobre temas bíblicos, estudios biográficos, e algúns poemas.

 

Outros datos de interese

En Xuño de 2011 foi nomeado polo Papa Prelado de Honra da Súa Santidade.

Obras do autor