Actualidade

Nuevos aires en el San Ramón vilalbés

Nuevos aires en el San Ramón vilalbés

El San Ramón de este año se caracteriza por algunos cambios que ayer, víspera del patrón y una de las jornadas señaladas en los festejos de la capital chairega, se hicieron evidentes. El 30 de agosto es el día en el que las reinas y las damas son protagonistas de las fiestas patronales de la villa, y este año, sin rebajarse su presencia, se le dio otro aire a la celebración.

 

Xosé Miguel Barrera Vázquez gaña o XLV Certame Literario do Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba vén de anunciar o gañador do XLV Certame Literario de Poesía despois de que o xurado emitise na tarde de onte o fallo. Lidos os 36 libros presentados a este Premio dotado con 7.000 euros, flor natural e diploma, acordouse por unanimidade proclamar gañador o poemario presentado co título “Poema da rúa das aves”, do autor Xosé Miguel Barrera Vázquez.

 

Fallado o XLIV Certame Literario

Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, faise público o premiado no XLIV Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba 2018. Leidos os 58 libros presentados ao Certame, acordan por unanimidade outorgar o PREMIO de poesía do Excmo. Concello de Vilalba 2018, dotado con 7000 euros, flor natural e diploma, ao poemario "CARTAFOL DE MIRAXES", presentado co lema “VERME BRANCO”, do que resultou ser autor ALEIXANDRE LAGO BARCALA, de Culleredo (A Coruña).

 

Fallado o XLIII Certame Literario

Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, faise público o premiado no XLIII Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba 2017.

 

Lidos os 56 libros presentados ao Certame, acordan seleccionar para o seu estudo final os traballos presentados baixo os lemas ANTÍDOTO, CALE A LAVERCA, RETROTOPÍA e CANTAR DE CORTEGADA.

 

Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas Fernández, premios do XLII Certame Literario de Vilalba

O acto de publicidade ao fallo do xurado, tamén serviu para presentar as obras gañadoras da pasada edición do certame editadas por Alvarellos.

 

Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas Fernández fanse cos premios do XLII Certame Literario convocado polo Concello de Vilalba. Así o recolle a acta do xurado que sinala como obra gañadora do primeiro premio ao poemario “Telúrica” e do segundo premio a “Sonetos Preposicionais” presentado co lema “Un anaco de vida en catorce versos”.

 

Páxinas