Darío Xohán Cabana

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Roás - Cospeito (Lugo)

 

Fixo o Bacharelato en Lugo. O seu mestre e guieiro na aprendizaxe poética foi Manuel María, que por aqueles anos o recibía a miúdo na súa casa de Monforte de Lemos. Despois dunha temporada de andar ambulante por toda Galicia vendendo libros galegos, a finais do ano 70 D. X. C. empezou a traballar en Vigo nas Edicións Castrelos con Xosé María Álvarez Blázquez,escritor e erudito, con quen botou cinco anos. Despois volveu a Lugo, onde se dedicou á venda de libros antes de ser liberado pola Central sindical nacionalista. No 1983 trasladouse a Corcubión, despois de gañar unhas oposicións a garda municipal. No 1987 entrou, tamén por oposición, como funcionario do concello de Lugo, onde actualmente segue a traballar na Concellería de Cultura e Turismo, na que desde hai uns meses se dedica á elaboración de publicacións turísticas. Desde hai moitos anos publica todos os días un encrucillado en galego en La Voz de Galicia.

 

Obras realizadas

En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas e no ano 2003, a súa poesía enteira foi publicada nun só volume por Edicións Xerais de Galicia, baixo o título de Vinte Cadernos. A finais dos 80 empezou a publicar tamén narrativa, tanto novelas como libros de relatos, ora para público xeral, ora editados en coleccións infantís ou xuvenís. A súa novela Galván en Saor é un dos libros máis vendidos en toda a historia da literatura galega.

 

Outros datos de interese

Tamén é traductor, especialmente de poesía. As súas traducións de clásicos italianos coma Petrarca ou Dante son xeralmente aprezadas. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa versión da Divina Comedia. Ademais desta distinción, ten recibido diversos premios de tradución, poesía e narrativa, como por exemplo o Ramón Cabanillas, o Cidade de Lugo de Narrativa, o Cidade de Ourense, o Martín Códax de poesía e o Xerais de Novela.

Obras do autor