Xosé Lastra Muruais gaña o premio do Certame Literario de Vilalba
O Certame Literario de Vilalba xa ten gañador este ano. Xosé Lastra Muruais, que vive en Ortigueira, é autor do poemario «Loureiro», elixido polo xurado entre os 71 presentados. O xurado estivo presidido pola alcaldesa, Elba Veleiro, en substitución da concelleira de Cultura, Vanesa Siso. Os outros membros foron o académico Darío Villanueva, o historiador Ramón Villares e os xornalistas Xulio Xiz e Fidel Fernán, aínda que este non participou na reunión. O certame, convocado polo Concello, chegou este ano ás 47 edicións e tense convertido nuna cita importante dentro da literatura galega.