Fernando Arribas

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1958
Lugar de Nacemento: Lugo

 

É diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialidade de Ciencias Humanas) e licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como técnico de difusión do Museo Provincial de Lugo. Foi membro da comisión territorial do Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta de Galicia en Lugo (1987-1992) e da comisión técnica de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1994). É socio-fundador de diversas asociacións relacionadas co Patrimonio Cultural e, actualmente, é o secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.

Conferenciante e investigador, preferentemente sobre cine e etnografía, desde 1993 (xunto con J.M. Blanco Prado) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación dos cruceiros da Terra Chá.

 

Obras realizadas

É autor de: O cine en Lugo: 1897-1977. Notas para unha historia cinematográfica. Vigo, Xerais, 1996. É coautor de: Catálogo de cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Sada-A Coruña, Edicións do Castro, 1998; Catálogo de cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Guitiriz. Sada-A Coruña, Edicións do Castro, 1999; Catálogo de cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Sada-A Coruña, Edicións do Castro, 2000, Tempora Mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo. Lugo, Deputación Provincial de Lugo/Museo Provincial de Lugo, 2001; Catálogo de Cruceiros da Terra Chá: Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza. Sada-A Coruña, Edicións do Castro, 2002. Colaborou en: Aleteos. Colección de Abanos do Museo Provincial de Lugo. Lugo, Deputación Provincial de Lugo/Museo Provincial de Lugo, 2002. Tamén é autor de diversos traballos sobre cine, arte, etnografía... no boletín do Museo Provincial de Lugo e en revistas e xornais de Lugo, así como de varios fascículos sobre as coleccións do Museo Provincial de Lugo.

 

Outros datos de interese

Obtivo "Ex aequo" o premio "Manuel Mato Vizoso" do Concello de Vilalba (1987) e o premio "Cal da Loba" das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego (1999).

Obras do autor