José Manuel Blanco Prado

Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 14 de abril de 1950
Lugar de Nacemento: A Coruña
 

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Filosofía no I.E.S. “Xoán Montes” de Lugo. Intervén con comunicacións nalgúns congresos e simposios de etnografía e antropoloxía. Colabora en temas ligados coa antropoloxía, etnografía e historia nunha serie de boletíns e revistas culturais: Anuario Brigantino, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Estudios Chairegos, Croa, Estudios Mindonienses, Etnografía, Galicia Encantanda, Lucensia, Lucus, etc. Traballa con Fernando Arribas e Mario Saavedra no proxecto “Carboeira”, que ten como finalidade o inventario e catalogación dos cruceiros da Terra Chá (Lugo). Desde o ano 2009 coordina e colabora na nova revista dixital “Etnografía” ligada ao “Meson do Forno”.

 

Obras realizadas

É autor das seguintes obras: As Romaxes da Terra Chá (1982), Religiosidad popular en el municipio de Begonte (1991), e Exvotos e rituais nos santuarios lucenses (1996), publicadas pola Deputación de Lugo. É coautor de: Begonte, pasado e presente (1987) (Alvarellos), Cruceiros e cruces do municipio de Begonte (Deputación de Lugo) (1988), Catálogo de Cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei (1998), Guitiriz (1999), Begonte, Cospeito e Rábade (2000), A Pastoriza (2002), Xermade (2004), Abadín (2007), publicados por Ed. do Castro, e Muras (I.E.S.CH) (2009). Tamén foi coautor da obra en tres tomos, Tempos de Festa en Galicia (Fundación Caixa Galicia). Ademais levou a cabo tres exposicións sobre o Entroido na provincia de Lugo no Mesón do Forno e no Museo Provincial de Lugo.

 

Outros datos de interese

Acadou as seguintes distincións: IX Certame Literario da Terra Chá (1972). Premio de periodismo “Manuel Mato Vizoso” nos anos 1982 e 1984. Premio “Cal da Loba” no ano 1999. Foi nomeado “Milagrosista 1997”.

Obras Premiadas