Lázaro Domínguez Gallego

Categoría: Crego e escritor
Data de Nacemento: 12 de decembro de 1936
Lugar de Nacemento: Zamora
 

É sacerdote, coadxutor da parroquia do Pilar, profesor do Instituto "Concepción Arenal" de Ferrol e capelán das Relixiosas Mercedarias da cidade. Reside en Ferrol desde agosto de 1959.

 

Obras realizadas

Escribiu Raquel (libro xuvenil de divulgación relixiosa); Sombra larga (poemario); Con los ojos bañados de gaviotas (poemario); Junto a la cuna de la muerte (poesía) e La resurreción de las presencias (antoloxía poética editada pola Fundación Cultural "Rutas del Románico de Pontevedra). Escribe tamén artigos de opinión nos xornais El Ideal Gallego e en Diario de Ferrol.

 

Outros datos de interese

Conseguiu o primeiro premio de narración breve Pérez Galdós, o premio nacional de contos Ateneo de Sevilla e o premio de contos do Concello de Carreño-Asturias. En poesía, conseguiu os premios Alfonso Camín (Xixón, 1978), Ausias March (Gandía, 1982), Paco Moyá (Petrel, Alicante, 1992), Carabela de Plata (Barcelona, 1980), Nacional Jerez, Amantes de Teruel, Gerardo Diego (Madrid), Eladio Cabañero (Tomelloso), Francisco de Quevedo (Villanueva de los Infantes), e o segundo premio de poesía sobre O Nadal en Begonte (Lugo) 2009.

Obras do autor