Modesto Fraga Moure

Nado en Fisterra en 1974, é poeta e narrador. Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago, formou parte do Batallón Literario da Costa da morte e foi integrante do consello editorial de Letras de Cal. Os seus versos levan colleitado numerosos recoñecementos, entre os que destacan o Premio Avelina Valladares (1997), Premio O Grelo - Amigos de Galicia (1997), Premio Rosalía de Castro (1998), Premio Francisco Añón (1998), Premio do Seminario de Estudos Comarcais (2012) ou o XIX Premio de Poesía Concello de Carral (2016).

 

É autor dos seguintes libros de poemas: "Do amor salgado" (1997), "Mar de ausencias" (1999, 1º ed.), "Ese extraño silencio" (2002), "Derrotas con raíces" (2007), "Mar de ausencias" (2009, 2º ed.), "Atlántica Luz. Poesía mareira 1995 - 2015 (2015), "Devalar sen pel" (no prelo). Ademais, publicou o ensaio "Fisterra, a derradeira perla de occidente" (2014) e coordinou, con Miro Villar, a antoloxía "De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte" (2009).

Obras do autor