O Concello de Vilalba presenta a web do Certame Literario de Vilalba

O Concello de Vilalba ven de presentar unha web dedicada ó Certame Literario de Vilalba, que recolle toda a información sobre as 40 edicións de dito Certame. 

 

Esta web repasa a historia dos 40 anos do Certame Literario de Vilalba, incluíndo os traballos premiados, información sobre os seus autores, e todo tipo de documentación complementaria (convocatorias, fallos do xurado, recortes de prensa, etc.). É ademáis, unha plataforma aberta, que agarda contar coa colaboración de todos os usuarios que poidan aportar nova información sobre o Certame, de xeito que vaia medrando co tempo para convertirse nunha referencia cultural en toda a comunidade autónoma.