Ramón Pernas

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 4 de marzo de 1952
Lugar de Nacemento: Vivero (Lugo)
 

Novelista, xornalista, guionista, crítico literario e editor. 

É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, onde tamén estudiou Socioloxía.

A súa actividade laboral sempre xirou en torno á cultura.

Colaborou como crítico literario e articulista en publicacións como Tiempo e Interviú, e como columnista de Cuadernos del Norte e na axencia OTR.

Foi subdirector de Nueva Empresa e director de Actual e traballou como guionista en TVE (Si yo fuera presidente) e colaborador en diversos programas de televisión. Durante dez anos foi director editorial de Espasa Calpe. En 1999 obtivo o Premio Ateneo de Sevilla con Paso a dos, co que tamén resultou finalista do Premio Nacional de Literatura e en 2011, o XI Premio Internacional de Novela 'Emilio Alarcos Llorach', por "En la luz inmóvil".

Actualmente dirixe Ámbito Cultural e colabora como articulista en medios, como La Voz de Galicia.

 

Obras realizadas

Publicou as novelas: Si tú me dices ven (1996), El pabellón azul (1998), Paso a dos (1999, Premio Ateneo de Sevilla), Brumario (2000), Libro de actas (2003) e Del viento y la memoria (2006).

En 2008 publica Poesía (in)completa, que reúne nun só volume a práctica totalidade da súa obra poética.

O seu último libro publicado é En la luz inmóvil, (2011), que resultou gañador do XI Premio Internacional «Alarcos» de novela.

Tamén publicou numerosos contos en volumes colectivos e escribiu con José Mario Armero Cien años de circo en España, volume antolóxico que recolle unha das súas máis grandes paixóns, o circo. Tamén é autor do libro Galicia en blanco y negro.

Pernas foi presidente do Clube de Xornalistas Galegos en Madrid e é académico de número da Real e Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo. Como xornalista gañou os principais premios galegos: o Julio Camba e o Puro de Cora.

 

LIBROS PUBLICADOS:

Cien años de circo en España (1985), coautor xunto con José Mario Armero.

Si tú me dices ven (Espasa-Calpe, 1996),

El pabellón azul (Espasa-Calpe, 1998). Reeditado en 2009 por Tropo Editores.

Paso a dos (Espasa-Calpe, 1999, Premio Ateneo de Sevilla).

Brumario (Espasa-Calpe, 2000).

Libro de actas (Espasa-Calpe, 2003).

Del viento y la memoria (Espasa-Calpe, 2006).

Poesía (in)completa (Huerga y Fierro, 2008).

En la luz inmóvil (Ediciones Algaida, 2011). XI Premio Emilio Alarcos de novela.

Hotel Paradiso (Editorial Planeta, 2014). XXI Premio Azorín de novela.

 

PARTICIPACIÓN EN LIBROS COLECTIVOS:

21 Dry martinis (Edhasa).

Galicia en Blanco y negro (Espasa).

Nuevos episodios nacionales (Edaf).

Sobre raíles (Imagine, 2003).

Suiza y la migración (Imagine, 2005).

18 relatos móviles (Imagine para Vodafone).

Traslatio literaria (Imagine, 2007).

 

PREMIOS

1977. Premio José María Chao Ledo, Certame Literario do Concello de Vilalba.

1999. XXXI Premio de Novela Ateneo de Sevilla, por Paso a Dos.

1999. Finalista no Premio Nacional de Literatura, por Paso a Dos.

Premio Puro de Cora de Periodismo, outorgado por El Progreso.

2000. Madrigallego de Oro ó Mérito Xornalístico.

2008. Candidato ó Premio Internacional Grinzane Cavour.

2009. Premio Letras de Bretaña.

2011. XI Premio Internacional de Novela Emilio Alarcos Llorach, por En la luz inmóvil.

2011. XXXII Premio de Periodismo Julio Camba por El lobo de Cee.

2014. XXXVIII Premio Azorín outorgado pola Deputación Provincial de Alicante pola novela Paradiso.

 

Outros datos de interese

REFERENCIAS

Ramón Pernas gaña o XI Premio «Alarcos» de novela coa súa obra 'En la luz inmóvil', La Nueva España 27-01-2011.

'Poesía (in)completa' reúne os versos de Ramón Pernas, La Voz de Galicia, 23/12/2008.

El pabellón azul, de Ramón Pernas, reeditado por Tropo, El Xornal de Galicia, consultado o 23/10/2009.

Paso a Dos, Crítica de Santos Sanz Villanueva en El Cultural.

Ramón Pernas urde unha trama sobre a literatura como redención, Cristina Guerrero. El Mundo, 29 de marzo de 2006.

Poesía (in)completa, crítica de Luis García Jambrina en ABC.

Poesía (in)completa, crítica de Francisco Díaz de Castro en El Cultural.

http://www.publico.es/culturas/506355/el-novelista-y-periodista-ramon-pe...

http://www.ordenviera.com/?page_id=156

Ramón Pernas, entre os principais favoritos do Premio Internacional Grinzane Cavour.

Ramón Pernas recibe o Premio Letras de Bretaña ó conxunto da súa obra xornalística e literaria, La Voz de Galicia.

Ramón Pernas gañou o Julio Camba, Diario de Pontevedra, 12-03-2011.

Obras do autor