Xesús Abelardo Rábade Villar

Pseudónimo:Abe Rábade
Categoría: Pianista e compositor
Data de Nacemento: 8 de setembro de 1977
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela

 

Estudiou no Conservatorio de Santiago de Compostela (método Kódaly), na Escola de Música de Santiago (Diploma Profesional), no Berklee College of Music en Boston (EE UU) (Licenciatura dobre e cum laude en Piano e Jazz). Tivo como mestres a Suso Atanes, Joanes Brackeen, Pave Schmelling, Hal Crook, Greg Hopkins, Ray Santis e Dave Frank. Actualmente compaxina a interpretación coa composición e coa docencia.

 

Obras realizadas

Colaborou con Paco Charlín, Val Tzenkov, Miguel Zenón, Jamey Haddad, Skip Hadden, Mike Mossman, Jesús Santandreu e Jeff Harrington. Lidera o Abe Rábade Trío desde 1996. É autor para a Berklee Concert Jazz Orchestra (Boston, EE UU) e para a S E M Big Band (Santiago). É autor de 45 composicións orixinais para grupo de jazz de cámara (trío e quinteto acústicos), de 10 composicións para Orquestra de Jazz, obras que ten interpretado en España, Boston, Nova Orleans e Alaska. É, tamén, autor de 2 traballos de investigación para a Xunta de Galicia sobre as Cantigas Medievais de Alfonso X e Martín Códax.Acaba de saír á luz o seu primeiro álbum Babel de Sons.

 

Outros datos de interese

Conseguiu os seguintes premios: Liberace Foundation Award (1997), Jazz Piano Performance Award (1999) e Claire Fischer Composition Award (1999). É un grande admirador de John Coltrane como intérprete e líder de grupo e de Duke Ellington como compositor e arranxista.

Obras do autor

  • O Corvo - 1990 - Premio Antonio García Hermida