Xesús Rábade Paredes

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1949
Lugar de Nacemento: Seixas - Cospeito (Lugo)

 

Poeta, narrador, ensaísta e profesor de literatura de Instituto. Colaborador de prensa con artigos de opinión e crítica literaria. É membro fundador do Pen Club de escritores. Conta con algúns dos premios literarios máis prestixiosos do país como: "Manuel Antonio", "Galicia", "Esquío", "González Garcés", en poesía, "Galicia", "Álvaro Cunqueiro" e "Eduardo Blanco Amor" de novela.

A súa obra figura en diversas antoloxías e foi traducida parcialmente a varias linguas.

 

Obras realizadas

Poesía: 1969.- Xuntos cara ó mañán, 1980.- O sangue na paisaxe, 1981.- No aló de Nós, 1987.- Matria de sombra. 1993.- Poldros de música. 2000.- Os dedos dos loureiros.
Novela: 1974.- A terra prometida. 1980.- Morrer en Vilaquinte. 1987.- Saraverde. 1989.- A palabra secreta. 1991.- Branca de Loboso. 1994.- As sombras do Barroco. 2000.- A frauta melancólica. 2002.- Como levar un morto.
Ensaio: 1985.- Literatura século XX. 1993.- Recuperar a voz.

Obras do autor