Xoán Neira López

Pseudónimo:Xoán Neira
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 4 de febreiro de 1953
Lugar de Nacemento: Meilán (Lugo)

 

Mestre en Viveiro, onde reside desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudios "Terra de Viveiro", co que participa en publicacións individuais e colectivas, ademais doutras actividades culturais.

Como poeta acadou os seguintes premios: Meigas e Trasgos (Sarria, 1994), Rosalía de Castro (Barcelona, 1995) e os de xornalismo Raimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.

É colaborador das páxinas de El Progreso - A Mariña.

 

Obras realizadas

Publicou os libros de poemas: "Memoria e soño" (1996), "Nas varandas do abrente" (2000), "Ás catro augas" (Fundación Manuel María, 2004) e "Linguaxes", en colaboración co artista plástico Otero Regal (2005).

 

En poesía infantil "Recreos", en colaboración Manuel Rodríguez (Baía Edicións, 1997), "Xiz de cor" (Baía Edicións, 2004) e "Farrapos de nube" (Baía Edicións, 2007) e o conto "Coñece Celeiro, porto punteiro", en colaboración con Vicente Míguez.

 

Ademais, aparecen poemas seus nas revistas: Guieiros, Lúa Nova, Saudade, Anto, A Xanela, Xistral..., en libros colectivos: "Alba de Beiramar" e "Poetas en Lugo", entre outros, e nos xornais: Heraldo de Vivero e O Correo Galego.

Obras do autor