Xoán Ramiro Cuba Rodríguez

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: Lugo

 

Traballa no Museo Provincial de Lugo como Responsable de Publicacións.

 

En 1992 creou con Ofelia Carnero Vázquez, Mercedes Salvador Castañer e Antonio Reigosa Carreiras o Grupo de Investigación Etnográfica Chaira. Como integrante de este equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo, arquivo e publicación levados adiante en distintas comarcas lucenses, fundamentalmente na Terra Chá e no concello da Pontenova.

 

Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda creou e dirixiu o colección de contos de tradición oral “Cabalo Buligán”, e escribiu en colaboración con eles un total de quince obras publicadas por Edicións Xerais de Galicia, entre outras o “Diccionario dos seres míticos galegos” e “Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega”.

 

Obras realizadas

PUBLICACIÓNS: É autor dos seguintes libros: “O caracol Remoldiño”, Vigo, Edicións Xerais (2003) e “Remoldiño vai á feira”, Vigo, Edicións Xerais (2007).
En colaboración con Ofelia Carnero Vázquez, Antonio Reigosa Carreiras e Mercedes Salvador Castañer:
“Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances”, Lugo, Deputación Provincial de Lugo (1988) e “Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín”, Lugo, Deputación Provincial de Lugo (2004).
En colaboración con Xosé Miranda Ruiz e Antonio Reigosa Carreiras: “Contos marabillosos” I e II, Vigo, Edicións Xerais (1998), “Contos marabillosos”, III e IV, Vigo, Edicións Xerais (1999), “Diccionario dos seres míticos galegos”, Vigo, Edicións Xerais, Vigo (1999), “Contos de maxia” I, II, III e IV, Vigo, Edicións Xerais (2000), “Contos de animais” I e II, Vigo, Edicións Xerais (2001), “Contos colorados”, Vigo, Edicións Xerais (2001), “Pequena mitoloxía de Galicia”, Vigo, Edicións Xerais (2001), “Antoloxía do conto de tradición oral”, A Coruña, La Voz de Galicia, S.A. (2001), “Diccionario de los seres míticos gallegos”, Vigo, Edicións Xerais (2006) e “69 contos eróticos da tradición oral de Galicia”, Vigo, Edicións Xerais (en prensa).
En colaboración con Fernando Arribas Arias e Antonio Reigosa Carreiras: “Guía do Museo Provincial de Lugo”, Lugo, Deputación Provincial de Lugo (2003).
En colaboración con varios autores:
-“Marcas de agua en documentos de los Archivos de Galicia hasta 1600”, A Coruña, Fundación Barrié de La Maza (1996). (Obra coordenada por José Luis Basanta Campos). Capítulo correspondente a “Archivo Histórico Provincial de Lugo. Marcas de agua. Siglos XV y XVI” pp. 399 a 447, tomo I.
-“Marcas de agua en documentos de los Archivos de Galicia, siglo XVII”, A Coruña, Fundación Barrié de La Maza, 1998. (Obra coordenada por José Luis Basanta Campos) Capítulo correspondente a “Archivo Histórico Provincial de Lugo. Marcas de Agua. Siglo XVII” pp.417 a 469, tomo III.
-“Os canteiros. Actas das Xornadas sobre os canteiros celebradas en Parga (Lugo)”, xuño de 2000, Lugo, Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, 2000, “Os canteiros na literatura”, pp.43-71.
-“Marcas de agua en documentos de los Archivos de Galicia, siglo XVIII”, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 2000. (Obra coordenada por José Luis Basanta Campos) Capítulo correspondente a “Archivo Histórico Provincial de Lugo. Marcas de Agua. Siglo XVIII” pp. 593 a 672, tomo V.
-“Crítica e autores. A Coruña: La Voz de Galicia”, 2002, pp. 724-725.
-“Marcas de agua en documentos de los Archivos de Galicia, siglo XIX”, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 2002. (Obra coordenada por José Luis Basanta Campos) Capítulo correspondente a “Archivo Histórico Provincial de Lugo. Marcas de Agua. Siglo XIX” pp. 487 a 557, tomo VII.

 

ARTIGOS E OUTRAS PUBLICACIÓNS (Selección): “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do municipio de Lugo II” (en colaboración con Arribas Arias, F. e Reigosa Carreiras, A.) en Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº III, 1987.
-“Cruces, cruceiros e petos de ánimas do municipio de Lugo III” (en colaboración con Arribas Arias, F. e Reigosa Carreiras, A.) en Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº IV, 1988-89.
-“Melchor Díaz de La Rocha: O alcalde de Sante contra os franceses”, Lucus nº38, marzo, 1987.
-“Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega I" (en colaboración con Arribas Arias, F. e Reigosa Carreiras, A.) en El Progreso, 20 de agosto de 1987.
-“Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega II" (en colaboración con Arribas Arias, F. e Reigosa Carreiras, A.) en El Progreso, 21 de agosto de 1987.
-“Un cadro de Francesco Vanni no Museo Provincial de Lugo” en Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº III, 1987.
-“Algúns seres míticos das lendas chairegas”, El Progreso, Lugo, 13 de agosto, 1989.
-“O románico na comarca chairega” I (en colaboración con Reigosa Carreiras, A.) en El Progreso, Lugo, 19 de agosto de 1991.
-“O románico na comarca chairega” II (en colaboración con Reigosa Carreiras, A.) en El Progreso, Lugo, 20 de agosto de 1991.
-“Xeografía mítica da provincia de Lugo, I. Cen lugares con lenda” (en colaboración con Reigosa, A.) en Croa, nº 8. Viladonga, 1998.
-Sala Castelao do Museo de Lugo. Caderno do profesor. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 1998.
-Sala Castelao do Museo de Lugo. Caderno do alumno. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 1998.
-Unha viaxe pola prehistoria. Caderno do profesor. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 1998.
-Unha viaxe pola prehistoria. Caderno do alumno. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 1998.
-“Á procura das voces vellas. Recoller literatura oral na escola” , en Fadamorgana, nº 1, Santiago de Compostela, 1999.
-Nadal no Museo. Panxoliñas e cantos de reis. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 1999 (con O. Carnero, M.Salvador e A.Reigosa) Cabalo Buligán. Xornal do país dos contos. Nº 1. Setembro, 1999 (con X. Miranda e A. Reigosa).
-Cabalo Buligán. Xornal do país dos contos. Nº 2. Abril, 2000 (con X. Miranda e A. Reigosa).
-Xogo de personaxes. Caderno do alumno e xogos didácticos. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 2000.
“Arquivo nostálxico de soños. Manuel María e o Pozo do Ollo” en Homenaxe a Manuel María. Xermolos, Guitiriz, 2001.
-“Unha polavila en Candelos. Literatura popular do concello da Fonsagrada” (en colaboración con Carnero, O., Reigosa, A. e Salvador, M.) en Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº X. Lugo, 2002.
-“Atopar a trabe de ouro” en La Voz de Galicia, 2001.
-“Arte e poética dos espantallos” en Espantallos da provincia de Lugo. Lugo: Museo Provincial de Lugo, 2002.
-“Caetano Arias López, O Gaiteiro de Santaballa: un poeta popular chairego” (en colaboración con Salvador, M.) en Caderno de Estudios Chairegos, nº 1. Instituto de Estudios Chairegos, Vilalba, 2002.
-"Os soños e os tardos do Darío" en Letras Chairegas, nº 4, Asociación Cultural Xermolos, Guitiriz, 2003.
-“O mundo máxico dos orishas. Mitoloxía, simbolismo e sincretismo relixioso” en Ignacio López. Lugo: Museo Provincial. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2004.

 

COLABORACIÓNS EN PRENSA, RADIO E TELEVISIÓN
Colaborou, entre outras, nas seguintes publicacións periódicas: El Progreso de Lugo; La Voz de Galicia de A Coruña; Lucus, revista da Deputación Provincial de Lugo; Praza Maior, publicación do Concello de Lugo e RTVG, revista da Compañía de Radio Televisión de Galicia. En 1988 tamén foi redactor de pasatempos do xornal Diario de Galicia de Vigo.
Dende 1987 a 1995 colaborou na emisora RADIO LUGO-SER, dende o ano 1987 a 1995, con seccións de carácter cultural nos programas “Mexunxe” e “O club da tarde” (Crítica de arte, Series de programas sobre as lendas galegas de transmisión oral e sobre as coleccións do Museo provincial de Lugo).
Polo que respecta á televisión, foi correspondente xunto con Antonio Reigosa Carreiras para a provincia de Lugo do programa cultural da TVG, “VISIÓNS”, no ano 1988, sendo coautor de varias reportaxes emitidas en dito programa sobre temas de Patrimonio histórico - artístico, Literatura, tradicións e artes populares... Entre outros títulos: “As últimas pallozas do Concello de Navia”, “Navia, un patrimonio a conservar”, “O Museo Diocesano de Lugo”, “Os oleiros de Mondoñedo”, “Mondoñedo: Patrimonio histórico - artístico” e “Retratosfera, crónica dunha exposición”.
Ademais foi coguionista dos programas especiais de maxia: “Merlín e familia”, emitido pola TVG o 25 de decembro de 1990, en colaboración con Antón López (O Mago Antón), Darío X. Cabana , A. Reigosa e Ramón Mayrata e “Dez magos no país das marabillas”, emitido pola TVG en decembro de 2003, en colaboración con Antón López (O Mago Antón).

 

Outros datos de interese

PREMIOS: Premio “Manuel Mato Vizoso” do concello de Vilalba, XIII edición, ano 1987, polo traballo publicado en El Progreso, “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega” (con Arribas Arias, F. e Reigosa Carreiras, A.).
- Premio “Manuel Mato Vizoso” do concello de Vilalba, XV edición, ano 1989, polo traballo publicado en El Progreso, “Algúns seres míticos das lendas chairegas”.
- Lucense do ano 2002, compartido con Antonio Reigosa e Xosé Miranda, polas súas publicación e o seu labor de difusión da Literatura de tradición oral de Galicia.
- Premio “Lecturas” 2005 da Asociación Gálix, polo seu libro “O caracol Remoldiño”.

Obras Premiadas