Yolanda Castaño Pereira

Categoría: Poetisa
Data de Nacemento: 19 de abril de 1977
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 

Trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou Filoloxía Hispánica e Estudios Audiovisuais. Foi secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Ademais de poeta, é conferenciante e tamén articulista na prensa galega, e ó mesmo tempo guioniza, dirixe e presenta na TVE-Galicia o programa ‘Mercuria’, dedicado ás vangardas artísticas galegas, e polo que foi nominada pola Academia Galega do Audiovisual como ‘Mellor comunicadora de TV’ nos anos 2004 e 2005.

 

Obras realizadas

Publicou o seu primeiro libro, ‘Elevar as pálpebras’, con 17 anos, grazas ó premio ‘Fermín Bouza Brey’ (1995). Seguiulle ‘Delicia’ e máis tarde ‘Vivimos no ciclo das erofanías’ (ámbolos dous en Espiral Maior en 1998), publicado co gallo do premio ‘Xohan Carballeira’ e que ademais conseguiu o ‘Premio Nacional da Crítica 1998’, editándose en Madrid unha versión bilingüe na editorial madrileña Huerga y Fierro. Fondamente interesada en proxectos interxenéricos nos que a poesía dialoga con outras artes, publicou xunto ao pintor pontevedrés Antón Sobral o catálogo de pintura ‘Venecia O Vicio da Beleza’ (2000). Nese mesmo ano e baixo o título de ‘Edénica’, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que a autora cantaba versións musicadas dos seus poemas. A súa última publicación, ‘O libro da egoísta’ (2003), que xa vai pola 2ª edición, estivo de número un en ventas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademáis moi bóas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu un ‘videopoema’ que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual, e que resultou gañador do Premio Videocreación do Festival Compostela Curtocircuito 2004. En 2007 obtén o 15º Premio de Poesía Espiral Maior pola súa obra "Profundidade de Campo", por esa mesma obra en 2009 recibiu también o premio "El Ojo Crítico". Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD ‘Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas’ (1997), así como en ‘Mulher a facer vento’ (Lisboa,1998), ‘Algúen agarda que volva alí’ (1998), en ‘Novas voces da poesía galega. Recital’ (2000), ‘Diálogos na casa de Rosalía’ (2002), ‘Outro mundo é posível’, Festival da Poesía de Salvaterra (2002), en ‘O trazo aberto. Poesías e debuxos’ (2002), en ‘O libro dos abanos. (Palabras no aire)’ (2002), en ‘Carlos Casares. A semente aquecida da palabra’ (2003), no catálogo do ‘Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior’ (2003), no de ‘Camiño de Santiago. Luz e vida’ (2003) e en ‘Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina’ (2004). Tamén aparece a súa obra nas antoloxías ‘Para saír do século. Nova proposta poética’ (Xerais, 1997), ‘Río de son e vento’ (Xerais, 1999), ‘dEfecto 2000’ (1999), ‘Elas. 3’ (2004) e nas estatais ‘Milenio’ (SIAL, 1999), ‘Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía’ (DVD, 2001), ‘Mujeres de carne y verso’ (La Esfera, 2002) e ‘25 anos de poesía galega 1975-2000 (III)’ (La Voz de Galicia, 2002). Como poeta, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas como La Voz de Galicia, O Correo Galego, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo, Galicia Hoxe, Quimera, Festa da Palabra Silenciada, La Flama en el Espejo, Dorna, Hablar/Falar de Poesía, Ólisbos, Clave Orión, A Xanela, Elipse, Enclave, Casa da Gramática, Boletín Galego de Literatura, Balder, Caleta, O máximo, La Estafeta del Viento, etc...

 

Outros datos de interese

Formou parte da equipa directiva de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar ós valores máis novos. Ademáis de ter participado en numerosos recitais e ser unha activa animadora cultural, organizou, xunto con Emma Couceiro, dous Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía, celebrados mes a mes entre 1996 e 1998. Co-dirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite, e foi responsable do prólogo, selección e coordinación dun monográfico sobre unha ‘Muestra de la joven poesía gallega’, publicado en La Flama en el Espejo (México D.F.).

Obras do autor