Formulario de Inscrición

Mensaxe de estado

O prazo para o envío deste formulario termiou

BASES DO XLV PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2019

 

Descargar estas Bases (PDF)

 

Para participar pode optar por enviar os traballos nun dos dous formatos: correo tradicional ou mediante formulario en liña xuntando un documento en formato PDF e indicando o lema co que participa (neste último caso deberá ademais remitirnos un sobre complementario cos seus datos e o lema). Data límite: 15 de xullo.

 

Envio a través de correo ordinario

 

As obras enviaranse por quintuplicado, á seguinte dirección sen sinatura e con un lema. En sobre aparte e pechado, figurará o lema que distinga o traballo, e no seu interior irá o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a. (Por favor, NON inclúan os datos do remitente no exterior do sobre).

 

CONCELLO DE VILALBA
Certame Literario
Praza da Constitución, 1
27800 Vilalba – Lugo

 

Envio a través de Internet

 

As persoas que opten por esta vía deben enviar temén por correo ordinario e en sobre pechado, o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra se axusta ás normas contidas nas bases da convocatoria.

 

No sobre deben indicar:
CONCELLO DE VILALBA
Certame Literario
(indicar o lema que distingue o seu traballo, non inclúan os datos do remitente no exterior do sobre)
Praza da Constitución, 1
27800 Vilalba – Lugo