Aberto o prazo para participar na 52 edición do Certame Literario do Concello de Vilalba
O Concello anunciou a convocatoria do 52 Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba coa publicación das bases. O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma, e o prazo de inscricións remata o 21 de maio. Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega.
