Aberto o prazo para participar na 52 edición do Certame Literario do Concello de Vilalba

Abre o prazo para participar na 52 edición do Certaame Literario de Vilalba

O Concello anunciou a convocatoria do 52 Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba coa publicación das bases. O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma, e o prazo de inscricións remata o 21 de maio. Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega. Os poemas serán orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.

 

O Concello de Vilalba defende o impulso á produción cultural como unha das súas prioridades, apostando ademais pola creación poética en lingua galega, un obxectivo que queda reflectido neste concurso que chega a súa 52 edición. O seu prestixio está vencellado a nomes tan recoñecidos da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño, que forman parte do elenco de gañadores dende a súa creación no ano 1975.

 

Fonte: Terra Cha Xa