Formulario de Inscrición

BASES DO LII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2026

 

Descargar estas Bases (PDF)

 

As obras e as plicas enviaranse por vía electrónica mediante o formulario que figura na dirección http://www.certamedevilalba.org/inscricion, na que se indicará o lema que distinga o traballo e achegarase un arquivo en formato PDF, co contido da obra, e outro arquivo (tamén en formato PDF) coa plica, que incluirá o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a.

 

Data límite: 21 de maio de 2026 ás 14 horas.

 

É de destacar que soamente se abrirá a plica do traballo premiado.

 

Lembramos ademais que, segundo as bases do Certame, os versos deben vir numerados.