Manuel Riveiro Loureiro

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 22 de abril de 1933 (†15 de xaneiro de 2009)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 

Ós tres anos de idade perde ó seu pai ("non morreu, que o mataron" repetía súa nai, sempre en voz baixa). Ós dez anos deixa a escola, integrándose ó mundo do traballo: neno de recados nun taller de costura. Pasa despois a gañar o dobre (2 ptas. diarias) nunha labor moito máis sucia, axudante do axudante dun repartidor de carbón. Logo traballou no mar (en pesqueiros, mercantes e outros). Instalouse no Uruguai e foxe de alí en marzo de 1973, xusto a tempo de escapar do golpe militar.

 

Obras realizadas

Empeza a publicar tralo seu regreso dunha longa e azarosa emigración. Podemos destaca-las seguintes obras: Pola ida e pola volta, (novela da emigración); A Vinga (teatro dramático); A moa (novela maniquea); As cereixas (Memorias dun neno en Rusia); O Coronel ten a quen lle escribir (pseudodrama antigolpista); O patrón (biografía dun home de mar); Caladamente (relatos); O peixoto (novela infantil); As trazas do demo (intriga policial); Corpo canso (a vida-loita dos eivados); A primeira pedra (infantil); O prazo (obra teatral contra o terrorismo); A volta de Castelao (farsa desapiadada sobre o regreso daquel); Benvidos (infantil) e Sabotaxe na Estaca de Bares (infantil, relato aventureiro dunha gran fazaña antiimperialista)

 

Outros datos de interese

Está casado con Encarna e ten catro fillos e tres netas. De Riveiro di o diccionario de Francisco del Riego: "Cultiva a narrativa, e, en menor medida, o teatro. Recibiu premios en concursos literarios. Publicou unha chea de títulos, como fecundo escritor que é".

Obras do autor