Formulario de Inscrición

BASES DO XLIX PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2023

 

Descargar estas Bases (PDF)

 

As obras enviaranse por vía electrónica mediante o formulario que figura na dirección http://www.certamedevilalba.org/inscricion, na que se indicará o lema que distinga o traballo e achegarase o arquivo en formato PDF, co contido da obra.

 

Data límite: 9 de xuño de 2023 ás 14 horas.

 

A continuación enviarán por correo ordinario, un sobre pechado no que figurará o lema que distinga o traballo, e no que no seu interior irá o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a.

 

No sobre deben indicar:

CONCELLO DE VILALBA
Certame Literario (indicar o lema que distingue o seu traballo)
Praza da Constitución núm. 1
27800 Vilalba – Lugo

 

Non deben poñer datos do remitente, pois os traballos serán nulos.

 

É de destacar que soamente se abrirá o sobre do traballo premiado.