Xurxo Alonso, gañador do Certame Literario de Vilalba 2023
O polifacético artista e poeta vilagarcián, Xurxo Alonso, acaba de sumar un novo recoñecemento á súa traxectoria. Neste caso trátase, ademais, do Certame Literario que organiza o Concello de Vilalba e que, co seu XLIX edición, é o máis antigo dos que se seguen celebrando en Galicia.
O xurado foi unánime, por primeira vez na historia do premio, ao dar como gañadora a óbra "Cartas de Conxo - O legado dás Távora", cuxo autor é Xurxo Alonso García.