O Concello de Vilalba presenta a web do Certame Literario de Vilalba
O Concello de Vilalba ven de presentar unha web dedicada ó Certame Literario de Vilalba, que recolle toda a información sobre as 40 edicións de dito Certame.
O Concello de Vilalba ven de presentar unha web dedicada ó Certame Literario de Vilalba, que recolle toda a información sobre as 40 edicións de dito Certame.
O acto de publicidade ao fallo do xurado, tamén serviu para presentar as obras gañadoras da pasada edición do certame editadas por Alvarellos.
Modesto Fraga e Paulino Pereiro fanse cos premios do XLI Certame Literario convocado polo Concello de Vilalba. Así o recolle a acta do xurado que sinala como obra gañadora do primeiro premio ao poemario “Adagio por outono” presentado baixo o lema “Giacomo da Lentini” e do segundo premio a “Poemas de ruxido e barruzo” presentado co lema “Barruzo”.
Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, fanse públicas as bases para participar no XL Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba 2014.
Para acceder a súa consulta faiga clic no link :
O prazo de admisión remata o 18 de xullo e o fallo do xurado darase a coñecer o 25 de agosto. Posteriormente, o 30 de agosto farase entrega dos premios durante os actos de apertura das festas de San Ramón e Santa María 2014.
O Concello de Vilalba a través da área de Cultura ven de publicar, un ano máis, as bases dunha nova edición do Concurso Literario co obxectivo de estimular a creación poética.
Pza. da Constitución 1, 27800 Vilalba - Lugo
cultura@vilalba.org - 982 510 305